Skip to main content
Xermade

Xermade acolle un novo curso de manipulador de alimentos este mes

Por 1 Outubro, 2023Outubro 13th, 2023Sin comentarios

O Concello de Xermade organiza un curso de manipulador de alimentos para o venres 13 de outubro. Este taller terá unha duración de tres horas.

Os participantes obterán a certificación obrigatoria segundo o regulamento europeo 852/2004.

Impartirase en horario de 16.00 a 19.00 horas na sala de xuntas da biblioteca municipal por un técnico en Hixiene Alimentaria acreditado pola Consellería de Sanidade..

Contará con prazas limitadas polo que compren a facer previa inscrición, de luns a venres, no teléfono 982 818 935.