Skip to main content
Xermade

A biblioteca de Xermade celebra o xoves un obradoiro de cómic

Por 3 Outubro, 2023Sin comentarios

A biblioteca municipal de Xermade acolle este xoves, 5 e outubro, un obradoiro para aprender a realizar cómics.

Será a partir das 17.45 horas e estará a cargo de Iria Iglesias e Dani Viéitez.

Na sesión deseñarase un personaxe e farase un cómic. Falarase tamén da historia da banda deseñada, desde a súa orixe ata hoxe en día.