Skip to main content
Xermade

Sesión de cine familiar este mércores, en Xermade

Por 10 Outubro, 2023Sin comentarios

Xermade contará este mércores cunha sesión de cine na rúa a partir das 21.00 horas na praza do Concello.

Poderá verse a película Ella Bella e o circo máxico dentro do ciclo infantil que organiza a Deputación Provincial.

Ella Bella e Henry son os mellores amigos do mundo. Xuntos decidiron montar un espectáculo de circo na súa pequena cidade, onde Ella Bella asombrará a todos cos seus números de maxia e a axuda de Henry. Pero entón chega Johnny, un neno novo na veciñanza, con xoguetes caros e unha bicicleta espectacular, cegando a Henry.