Skip to main content
Xermade

Xermade celebra o sábado o Día da Muller Rural cun concerto en Cabreiros

Por 13 Outubro, 2023Sin comentarios

O Concello de Xermade celebrará este sábado o Día da Muller Rural cun concerto de Her Itage, As que non soan: o patrimonio musical das mulleres.

Trátase dun variado repertorio no que se atopan temas compostos e interpretados por mulleres con todo os estilos, desde unha copla ata flamenco, pasando por jazz, pop e rock, con temas musicais de Concha Piquer ou mesmo de Amy Winhouse ou Rosalía.

O concerto terá lugar ás 19.30 horas na casa escola de Cabreiros.

O obxectivo deste proxecto é adoptar medidas de acción positiva á creación e produción artística e intelectual das mulleres, propiciando o intercambio cultural e artístico no medio rural; aportar accións positivas que permitan corrixir as situacións de desigualdade na produción e creación intelectual artística e cultural das mulleres rurais e reafirmar o valor da cultura como dereito.