Skip to main content
Xermade

A biblioteca de Xermade trae unha actividade sobre os roles de xénero este xoves

Por 17 Outubro, 2023Sin comentarios

Continúan na biblioteca de Xermade as actividades realizadas con motivo do Mes da Biblioteca e que consistirán no espectáculo O ratiño presumido.

Trátase dunha actividade orientada a explicar aos máis pequenos os roles de xénero a través duns ratos de Lonxedetodo que acuden á biblioteca.

Será ás 17.45 horas este xoves 19.

Os actos da biblioteca completaranse o próximo xoves, ás 20.00 horas, coa reunión do club de lectura en Cabreiros, xa que queren levar este servizo a todas as parroquias. Consistirá en achegar a biblioteca ás sedes das asociacións veciñais unha vez ao mes.