Skip to main content
Xermade

Os cursos de dixitalización agraria chegan a Xermade

Por 21 Outubro, 2023Sin comentarios

O Sindicato Labrego Galego celebrará a próxima semana un curso de dixitalización na actividade agraria en Xermade.

O prazo de inscrición está aberto ata o luns, 20 de outubro, e impartirase os días 24, 25, 26 e 27 de outubro en na aula de formación do concello en horario de tarde, de 15.30 a 18.30 horas. As persoas que desexen apuntarse poden facelo no teléfono 604 026 536 ou no correo vilalba@sindicatolabrego.gal.

A formación leva o título Curso de dixitalización na actividade agraria. Preparándonos para a que se nos vén enriba e consta de 12 horas.

O curso está dirixido a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas.