Skip to main content
Alfoz

Alfoz organiza o Mes do Teatro durante novembro

Por 2 Novembro, 2023Novembro 3rd, 2023Sin comentarios

O Concello de Alfoz organiza o Mes do Teatro durante novembro e nel inclúe representacións durante todos os sábados do mes ás 20.00 horas no salón de actos da Casa da Cultura, con entrada de bale.

O 4 de novembro Rebuldeira Teatro presenta ‘Cita previa: historias disparatadas na consulta médica’, dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado da Área de Cultura, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través do cal tamén ofrecerán o sábado 11 ao Colectivo Cultural Ollomao con ‘Pan con chocolate’.

O sábado 18 o Grupo de Teatro do Hospital de Lugo (HULA) representará a comedia ‘Asasinato na tenda de roupa’ e o sábado 25 rematará o ciclo con ‘Vivan os noivos’, de A Adala, ambas subvencionadas polo Concello de Alfoz, a través da Área de Cultura.