Skip to main content
Alfoz

Alfoz organiza un concurso de postais de Nadal

Por 12 Novembro, 2023Sin comentarios

Un ano máis a Concellería de Cultura de Alfoz organiza o concurso de postais de Nadal. Dirixido a todo o alumnado do CEIP Castro de Ouro de Alfoz que se dividirá en 3 categorías: Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria e 4º, 5º e 6º de Primaria.

As postais estarán relacionadas con motivos do Nadal e quedarán excluídos os traballos cuxo contido poida causar rexeitamento social.

Cada participante só poderá presentar unha obra orixinal e inédita e a técnica a empregar será libre, sempre e cando non leve elementos que sobresaian. As postais serán feitas sobre cartolina de tamaño aproximado DIN A5.

Haberá un premio por cada categoría e tamén o resto de nenos terán o seu diploma de participación e un pequeno agasallo por participar. As postais gañadoras serán os calendarios do concello para 2024.

O prazo de presentación das postais rematará o 7 de decembro de 2023, debendo ser entregadas aos titores de cada grupo educativo.