Skip to main content
Alfoz

O Concello de Alfoz dará axudas ás parroquias para a decoración de Nadal

Por 14 Novembro, 2023Novembro 15th, 2023Sin comentarios

O Concello de Alfoz pon a disposición de cada parroquia do municipio as novas subvencións nominativas de Nadal. Cada asociación percibirá a cantidade máxima de 300 euros.

Estas axudas serven para dinamizar a participación activa dos veciños e veciñas de Alfoz, potenciar o tecido social e veciñal del municipio, así como promover a vida colectiva e relación entre os veciños/as nel embelecemento del concello durante las festas do Nadal
2023/24.

A decoración deberá de estar exposta dende o día 22 de decembro de 2023 ata o día 7 de xaneiro de 2024. No documento adxunto se indican as preferencias sobre os materiais utilizados, sendo desexable que poidan ser reutilizados para o ano que ven e así poder ir incrementando o seu valor
estético ano tras ano.

Para acceder ao modelo de convenio da subvención e á comunicación enviada ás distintas asociación veciñais e culturais para esta finalidade haberá que ver o modelo aquí.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de decembro de 2023.