Skip to main content
Alfoz

O Castelo de Alfoz e Veciños de Mor organizan un Mercado de Nadal

Por 26 Novembro, 2023Novembro 27th, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo e a Asociación de Veciños de Mor organizan un Mercado de Nadal o vindeiro venres 8 de decembro.

Dende os dous colectivos explican que para participar “cos teus produtos ponte en contacto con nós a través dalgún dos correos electrónicos”.
Para asistir haberá que escribir a asociacioncastelo@gmail.com ou asociacionvecinalmor@gmail.com.

Así, desde as 10.00 ás 20.00 horas haberá postos de comida, artesanía, adornos, accesorios, etc. Tamén contarán cun obradoiro gratuíto para os máis cativos, e poderase desfrutar do acendido das luces de Nadal a cargo da Asociación de Veciños de Mor .