Skip to main content
Burela

O Concello de Burela pide a participación veciñal para mellorar o tráfico, o uso das terrazas e o mercado semanal

Por 4 Novembro, 2023Novembro 5th, 2023Sin comentarios

O Concello de Burela prepara as novas ordenanzas que regularán o tráfico na vila, as terrazas de hostalería e o mercado semanal.

“Queremos saber a opinión dos nosos veciños e veciñas nestes temas tan importantes para o día a día do concello”, explica a alcaldesa, Carmela López.

Con respecto ao tráfico, o concello quere mellorar a seguridade viaria, aumentar os espazos de preferencia peonil e optimizar as zonas de aparcadoiro e estacionamento.

Con respecto ás outras ordenanzas, a alcaldesa manterá ademais reunións cos vendedores ambulantes e cos hostaleiros para conseguir o maior consenso.

Pódese participar nas enquisas a través da web do concello ou de maneira presencial, mediante instancia xeral polo rexistro de entrada.

Pódese participar aquí: https://burela.org/gl/participacion-cidada