Skip to main content
Burela

O BNG pide que no 2024 a Unidade Asistencial de Drogodepencias de Burela sexa asumida polo Sergas

Por 19 Novembro, 2023Sin comentarios

O BNG esíxelle á Xunta que cumpla o cronograma para que a Unidade Asistencial de Drogodependencias situada en Burela e que dá servizo a toda A Mariña sexa inserida no Sergas.

Ata alí se desprazaran o tenente alcalde, Mario Pillado, a concelleira Sandra Fernández Cillero e o deputado Daniel Castro, para entrevistarse coa dirección do centro, analizar a situación e facer seguimento dos moitos incumprimentos que a Xunta ten con estes centros asisitenciais.

En Galicia son 17, dos cales 14 dependen dos concellos sendo estes os que cargan coa obriga de dar un servizo que lles é impropio, e moito máis cando é un servizo tan sensible como unha UAD.

Así, desde o BNG presentaron unha emenda aos orzamentos da Xunta para que no 2024 este servizo sexa asumido polo Sergas: “A Xunta debe cumprir o seu propio cronograma que lle propuxo aos directores destes centros para que este servizo sexa inserido no propio Servizo Galego de Saúde-Sergas”, afirmou Daniel Castro.

O tenente alcalde, Mario Pillado, referiuse á importancia deste servizo non só para Burela, senón para toda a comarca e considera inasumible por parte dos concellos ter que afrontar o custo deste servizo, unha competencia a todas luces impropia, coma tantas outras que o PP desde a Xunta carga sobre os concellos, o que é moito máis grave neste caso tan sensible como necesario” afirmou.