Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

Confirmado o calendario da Futsal Women’s European Champions 2023, que se xogará en Burela

Por 27 Novembro, 2023Novembro 28th, 2023Sin comentarios

Os mellores talentos do fútbol sala feminino prepáranse para a competición da Futsal Women’s European Champions 2023 con encontros que se disputarán no Pavillón de Vista Alegre. O evento iniciou a súa conta atrás e está preparado para desencadear unha onda de talento e paixón polo futsal do 18 ao 22 de decembro.

O calendario detallado xa foi confirmado. A recepción de equipos será o 18 de decembro, aínda que algúns deles xa levarán uns días na Mariña Lucense, e o inicio dos enfrontamentos será a partir do 19 de decembro. A partir dese momento, os equipos participarán nun cuadrangular cuxa final se disputará o 22 de decembro, onde os dous equipos máis fortes competirán para converterse no mellor equipo a nivel europeo.

Competición:

  • 19 de decembro ás 18:00 horas – SL Benfica VS Bitonto C5 Femminile
  • 19 de decembro ás 20:30 horas – Pescados Rubén Burela FS VS FC Marlène
  • 20 de decembro ás 18:00 horas – Bitonto C5 Femminile VS FC Marlène
  • 20 de decembro ás 20:30 horas – SL Benfica VS Pescados Rubén Burela FS
  • 21 de decembro ás 18:00 horas – FC Marlène VS SL Benfica
  • 21 de decembro ás 20:30 horas – Pescados Rubén Burela FS VS Bitonto C5 Femminile
  • 22 de decembro ás 20:30 horas – Gran Final

Atopámonos #ante unha competición que ofrecerá unha oportunidade única para a integración así como intercambio deportivo entre xogadoras, equipos técnicos e seguidores, promovendo así a unidade e respecto dentro e fóra do deporte.

O emocionante calendario da Futsal Women’s European Champions 2023 está listo para cativar aos afeccionados do fútbol sala e elevar o nivel da competición a novas alturas.