Skip to main content
Cervo

O BNG esíxelle á Xunta e ao Goberno do Estado que garantan o cumprimento dos pactos en Alcoa

Por 3 Novembro, 2023Sin comentarios

O BNG, a través do deputado mariñao Daniel Castro levou ao Parlamento unha iniciativa para facer seguimento do traballo da Xunta de Galicia a respecto da situación da factoría de Alcoa en San Cibrao.

Para os nacionalistas son xa moitos os meses nos que os traballadores e traballadoras da factoría de Alcoa, así como os das súas auxiliares, viron e ven como os incumprimentos reiterados por parte da empresa norteamericana non están a ter ningún tipo de resposta por parte das administracións, ben sexa a Xunta de Galicia ou Goberno do Estado, e ponen como exemplo  o feito de que a empresa xa fala de levar a cabo paradas na fundición, algo que incumpre claramente os acordos que foron aprobados.

Castro manifestou tamén que “A isto temos que sumarlle as sucesivas declaracións dos máximos dirixentes da multinacional que falan dun futuro moi negro para a continuidade da factoría en San Cibrao. Para isto esgrímense argumentos que teñen a ver coa ausencia de clientela, algo que ten que ver directamente coa responsabilidade da propia empresa e non cos traballadores e traballadoras que asinaron un acordo que debe e ten que ser cumprido”

A inquedanza entre os traballadores e traballadoras ante esta situación exténdese tamén ao conxunto da comarca, onde esta factoría é un dos principais motores económicos, polo que nesta iniciativa o BNG esixe a implicación da Xunta nesta problemática.