Skip to main content
Cervo

Cervo convoca un ano máis un concurso de postais de Nadal

Por 21 Novembro, 2023Sin comentarios

Cervo convoca un ano máis un concurso de postais de Nadal dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio. Establécese un premio por cada modalidade; de 3 a 5 anos, de 6 a 9, e de 10 a 12 anos.

As obras terán que ter como tema o Nadal, a técnica é libre e os traballos deben presentarse nunha cartolina tamaño folio.

Os orixinais teñen que entregarse na Casa da Cultura de San Cibrao ou na Casa do Concello, sen asinar e acompañados dun sobre pechado que conteña os datos persoais do autor: nome, apelidos, idade, colexio e número de teléfono.

O prazo de recepción remata o 11 de decembro e o fallo do xurado farase público o 12 de decembro.

Entre as tres postais finalistas o xurado elixirá unha que será a protagonista das felicitacións de Nadal do Concello.