Skip to main content
Cervo

José Antonio Zan seguirá á fronte do comité de empresa de Alcoa

Por 22 Novembro, 2023Sin comentarios

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao celebrou hoxe as súas eleccións sindicais nas que quedou constituído o ente para o próximos catro anos.

Así, seguirá como presidente José Antonio Zan, de CC.OO., que obtivo dez representantes, por oito de UXT, e catro de CIG. Diego Ballesteros será o vicepresidente.

No pleno tamén se elexiron os postos de secretario, José Manuel Leal Bustabad, que será tesoureiro e secretario, e Alejandro Martínez Eiroa e Diego Chao Rubal, estes dous últimos representantes de CC.OO.

PARLAMENTO

O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co voto favorable do PSdeG, a través da que se reitera ao Goberno de España que aprobe, con carácter inmediato, un marco de subministración eléctrica competitiva, estable e predicible para empresas como a de Alcoa, que teñen un carácter electrointensivo; modifique o Estatuto dos consumidores electrointensivos para que estas industrias españolas compitan en igualdade de condicións coas súas homólogas europeas; e incremente a dotación orzamentaria máxima permitida pola normativa europea para a compensación dos costes indirectos por CO2 da industria electrointensiva.

Así mesmo, na iniciativa do Grupo Popular pídese que o Goberno central active canto antes mecanismos de interrumpibilidade efectivos para reducir o prezo eléctrico da industria electrointensiva; impulse mecanismos que activen e posibiliten a contratación de PPAs para as industrias electrointensivas, tal e como fixo a Xunta e que favoreceu a firma de dous contratos PPAs por parte de Alcoa con promotores de proxectos eólicos; e se manteña a bonificación de peaxes do 80 por cento.

José Manuel Balseiro subliñou que “o problema de Alcoa non é industrial, senón enerxético”, polo que cuestionou “canto tempo máis temos que agardar para que o PSOE asuma a responsabilidade de gobernar a favor desta industria?”.

“Porque a Xunta está poñendo todo da súa parte para apoiar a reactivación da principal fábrica de aluminio de España, apoiando con axudas as obras de modernización do complexo e de mellora da eficiencia enerxética, realizando modificacións lexislativas que faciliten a sinatura de contratos de subministro eléctrico con industrias electrointensivas; ou autorizando os parques eólicos que son da súa competencia para facelos posibles”, manifestou.