Skip to main content
Mondoñedo

Mondoñedo conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero con actividades e actos

Por 11 Novembro, 2023Sin comentarios

Un ano máis Mondoñedo, a través do Centro de Información ás Mulleres, conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero por medio de actividades e actos institucionais para visibilizar e loitar contra a lacra que é a violencia contra a muller, máxima expresión da desigualdade de xénero.

Os actos terán lugar durante todo o mes e comezarán o día 17 con Á violencia de xénero dille NON!Stop á violencia dixital. Será unha actividade en colaboración con Buemi e o alumnado do CEIP Álvaro Cunqueiro e o IES San Rosendo.

A seguinte será unha charla informativa ao alumnado do IES San Rosendo, e xa o 24 de novembro ás 11. 30 horas haberá un punto informativo na Praza do Concello, onde se repartirá material relacionado coa temática. Ás 13.00 horas terá lugar a lectura do manifesto contra a violencia de xénero.