Skip to main content
Ribadeo

O alcalde de Ribadeo reclámalle ao Goberno do Estado investimentos na rede ferroviaria da Mariña

Por 4 Novembro, 2023Sin comentarios

O alcalde, Dani Vega, reclámalle  ao goberno do Estado investimentos na rede ferroviaria que atravesa A Mariña. O rexedor subliñou: “hai que dicir con moita claridade que Adif non está a investir na rede ferroviaria absolutamente nada e mira que dixeron outros partidos que ían reivindicar isto en Madrid, como o BNG, que dicía que había que investir no camiño do ferro. So utilizan un slogan ou unhas palabras que soan bonitas, pero na realidade hai cero euros de presuposto. E isto é lamentable e penoso, pero acredita perfectamente que estamos a vivir uns momentos moi negativos para o noso país e para o conxunto da nación”.

Daniel Vega sinalou que “na Mariña non se está a investir por parte do goberno central, agora nos queren dicir que van investir nas próximas datas, non nos cremos nada. Como pode crer unha persoa hoxe que quería vir de Asturias a Ribadeo e non tiña ningún medio de transporte público. O tren non funcionaba e o bus tampouco. Qué medios está a aportar o goberno do Estado? Qué medios orzamentarios está a propoñer o goberno central? Isto acredita que vivimos ante un goberno que está a pactar os seus intereses particulares, pero non os comúns, non está a velar polos intereses xerais. A rede ferroviaria necesita inversión para ter dobre ancho, para ter trens do século XXI e  non do século pasado”.

E engadiu: “desde Ribadeo, desde A Mariña, e eu como alcalde e representante de todos os ribadenses reivindico que este goberno invista nunha rede fundamental como é a ferroviaria”.