Skip to main content
Ribadeo

Alumnos de Ribadeo e A Pontenova participan no proxecto Saúde e Emerxencias

Por 6 Novembro, 2023Sin comentarios

Comeza o proxecto Saúde e Emerxencias, que realizará o Programa Prevención Drogodependencias e outros trastornos adictivos do Concello de Ribadeo coa colaboración de Camilo Vázquez Corveiras, enfermeiro, coordinador autonómico de SEMES RCP e Instrutor de Soporte Vital Avanzado. O programa estenderase durante os días 13, 14, 16 e 17 nos distintos centros de ensino participantes.

No proxecto abordaranse os seguintes contidos: información sobre o alcohol e o cannabis, como axudar ante un caso de intoxicación por alcohol ou cannabis, como activar o servizo de emerxencias médicas (061), como usar un desfibrilador (soporte vital básico).

A metodoloxía a usar serán audiovisuais e prácticas co desfibrilador para todo o alumnado, por ese motivo as sesións durarán 2 horas para cada  grupo natural de aula.

No proxecto Saúde e Emerxencias participarán 150 alumnas e alumnos dos centros de ensino de Ribadeo: 4º ESO do IES Dionisio Gamallo Fierros, 1º E 2º DE FP Básica do CIFP Porta da Auga, 4º de ESO do Colexio Sagrado Corazón e 4º DE ESO do IES Enrique Muruais de A Pontenova.

Saúde e Emerxencias está organizado pola Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia dentro das actividades do Programa de Prevención de Drogodependencias e outros trastornos aditivos.