Skip to main content
Ribadeo

Estes días seguen os traballos de poda polas distintas rúas de Ribadeo

Por 16 Novembro, 2023Sin comentarios

Estes días seguen os traballos de poda polas distintas rúas de Ribadeo, “baixo un criterio técnico e unha planificación correcta”, dixo Dani Vega, rexedor local.

Para o alcalde “a poda era necesaria, levábase tempo sen facer e nestes momentos estamos a actuar polas distintas rúas da nosa vila. Pouquiño a pouco paulatinamente imos realizando esa poda tan necesaria e que nos pedían os veciños”.

Nos últimos días os traballos realizáronse en Rosalía de Castro, Rodríguez Murias ou Virxe do Camiño, entre outras.