Skip to main content
Ribadeo

A Escola de Cinxe, en Ribadeo, acollerá unha charla para as familias organizada por Educando en Familia

Por 23 Novembro, 2023Sin comentarios

A Escola de Cinxe acollerá unha charla para as familias organizada por Educando en Familia, que conta coa colaboración do Concello de Ribadeo.

A cita será este sábado, 25 de novembro, ás 11.00 horas na Escola de Cinxe, na Devesa. A charla será impartida por Carolina García Chico, que é especialista en Pedagoxía Terapéutica e Intervención Familia e tratará sobre Sácalle partido ao teu estudo.

Este programa educativo vai dirixido ás familias con nenos e nenas que teñan entre 0 e 3 anos de idade acudan ou non a outros centros educativos. O obxectivo do mesmo é contribuír á formación das familias e axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos nenos a través de diversas actividades axeitadas a cada idade e aproveitamento da contorna dun xeito consciente e reflexivo para reforzar a competencia educativa familiar.