Skip to main content
O Valadouro

O Valadouro acolle un obradoiro creativo de manualidades

Por 3 Novembro, 2023Novembro 4th, 2023Sin comentarios

O Valadouro acolle un obradoiro creativo de manualidades, que será impartido no Local Social Concepción Arenal situada no Antigo Matadoiro, a partir do 7 de novembro ás 16.00 horas.

A duración das actividades está prevista ata o 28 de xuño de 2024 e será os martes de 16.00 a 18.00 horas.

As solicitudes realizaranse nas Oficinas Municipais en horario de atención ao público de 09.00 a 14.30 ou na Casa da Cultura do Concello do Valadouro tamén en horario de atención ao público de 09.00 a 20.30.

Unha vez iniciadas as actividades o, sempre e cando queden prazas libres, poderán inscribirse máis persoas interesadas ata cubrir todas as prazas.

As persoas interesadas poden atopar aquí as bases de participación e o modelo de inscrición.