Skip to main content
O Valadouro

A veciñanza do Valadouro volverá desfrutar un ano máis da súa Papanoelada moteira

Por 25 Novembro, 2023Decembro 19th, 2023Sin comentarios

A veciñanza do Valadouro volverá a desfrutar un ano máis da súa Papanoelada moteira, organizada polo Moto Clube Valadouro, e que percorrerá as rúas do Concello ata chegar á praza de Santa María.

Esta tradicional xuntanza será o día 24 de decembro e comezará a media mañá para percorrer as rúas do Val ata chegar á praza. Acto seguido será a recepción oficial de Papá Noel con todos os nenos e nenas do Val .

Se a climatoloxía non fose a desexada, os actos trasladaríanse ó salón de actos da casa da cultura do Concello do Valadouro.