Skip to main content
Viveiro

Estanse a realizar diversos labores de limpeza nas beirarrúas de Viveiro

Por 9 Novembro, 2023Sin comentarios

O Goberno local de Viveiro está a realizar diversos labores de limpeza nas beirarrúas do municipio, con especial atención a aquelas afectadas polo musgo, a resina das árbores ou outras problemáticas concretas.

Polo momento, xa se realizaron ditas labores na zona de Verxeles, nos soportais e nas beirarrúas do parque de Lodeiro, e na zona da fonte de Covas, onde se limpou a fonte, as beirarrúas e se podaron as árbores.

Explican que “a intención é continuar facéndoo naquelas zonas que o precisen, para garantir tanto a limpeza das rúas como a seguridade dos veciños e veciñas”.

Ademais, sinalan que “o concello é consciente de que o borde exterior das beirarrúas máis novas, de granito, foi perdendo granulado, está moi liso e esvara, polo que estamos estudando diferentes posibilidades para devolverlle a rugosidade e aportar maior seguridade ás e ós viandantes”.