Skip to main content
Axenda CaducadaMondoñedo

Volve a Papanoelada Moteira do Motuclube Ruta N-634 de Mondoñedo

Por 5 Novembro, 2023Novembro 6th, 2023Sin comentarios

O Motuclube Ruta N-634 en colaboración co Concello de Mondoñedo preparan a sexta Papanoelada moteira na que todo o que queira participar pode dar o espectáculo rodando en moto e vestido de Papá Noel.

A cita terá lugar o sábado 23 de decembro, a partir das 16.00 horas dende a praza da Catedral. Ademais, o evento contará tamén con chocolatada, colchonetas e inchables, agasallos e sorteos.