Skip to main content
AlfozAxenda Caducada

O Castelo de Alfoz e Veciños de Mor preparan un magosto

Por 4 Novembro, 2023Novembro 5th, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo e a Asociación de Veciños de Mor en colaboración co Concello de Alfoz e a Deputación de Lugo organiza un magosto para o vindeiro 11 de novembro.

A celebración será no pavillón municipal ás 21.00 horas e contará cun menú a base de chourizo, lacón asado, pan, viño, castañas e café, e todo elo por un prezo de 12 euros para socios e 15 para os que non o sexan. Ademais haberá música en directo amenizando toda a xornada festiva.

Para asistir poderase reservar chamando a 657 109 592 ou 603 895 753.