Skip to main content
Axenda CaducadaRibadeo

Ana Guerra actuará en Ribadeo dentro da programación de Nadal

Por 4 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Ribadeo anunciou o primeiro dos concertos incluídos na programación de Nadal 2023. Así, o vindeiro xoves 9 de novembro acollerá o concerto da cantante Ana Guerra nun lugar aínda por determinar.

A canaria inclúe Ribadeo dentro da súa estensa xira de 44 cidades e achegará a súa música cunha posta en escena impecable e innovadora. Guerra mergullará aos espectadores en “dúas maneiras de amar que non orbitan na mesma onda, pero que se atopan cancións capaces de conectarnos con eses amores imposibles”, di.