Skip to main content
A Pobra do BrollónAxenda Caducada

A Casa da Cultura da Pobra do Brollón acolle a charla ‘Toponimízate’ o 10 de novembro

Por 3 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello da Pobra do Brollón organiza a charla ‘Toponimízate’ o vindeiro venres 10 de novembro.

Na actividade, que se celebrará na Casa da Cultura a partir das 19.30 horas, falaranse dos nomes da zona e descubrirase como participar na recuperación dos topónimos.

Nesta xuntanza tamén se poderá aprender a como usar a plataforma ‘Galicia Nomeada’ para recoller topónimos que corren o risco de perderse, así como lendas ou outras tradicións orais vinculadas a eses lugares.

A proposta, promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e desenvolvida pola Real Academia Galega, está aberta a toda a veciñanza.