Skip to main content
Axenda CaducadaRibas de Sil

Celébrase un congreso para impulsar a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial

Por 4 Novembro, 2023Novembro 8th, 2023Sin comentarios

O mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil acolle un congreso internacional para impulsar a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial pola Unesco. A xuntaza, que se desenvolve baixo o nome Paisaxes da auga: unindo o pasado co futuro, terá lugar do luns 6 ao mércores 8 de novembro.

A través destas xornadas preténdese impulsar o recoñecemento e a importancia das paisaxes culturais; abordar os desafíos sobre a preservación, o uso e a xestión das paisaxes da auga e do patrimonio hidráulico; identificar as iniciativas relacionadas coa investigación, protección e promoción do patrimonio cultural: promover novas vías de diálogo e identificar casos de estudo.

O programa comeza o luns 6 ás 9.30 horas coa presentación que dará paso a unha conferencia inaugural sobre o papel das Reservas da Biosfera e os Xeoparques na xestión da paisaxe e o desenvolvemento sostible da man de António Abreu, director da División de Ciencias Ecolóxicas e da Terra da UNESCO.

Tras unha pequena pausa, a partir das 11.30 horas desenvolverase a conferencia Auga e Patrimonio como un medio de vida e, posteriormente a de A auga na paisaxe, paisaxes da auga: carácter, valores e desafíoas na xestión sostible.  A partir das 15.00 terá lugar unha mesa redonda sobre papel da auga coma elemento xerador de paisaxes. As conferencias retómanse ás 16.30 horas e vólvese organizar unha mesa redonda (Paisaxes da auga, un patrimonio vivo) ás 18.00 horas.

Conferencias e mesas redondas

O día 7 desenvolverase dúas conferencias a partir das 9.30 horas da man de Tino Mager, secretario xeral do Comité Científico Internacional Auga e Patrimonio e Miguel Ángel López García. Ás 11.30 horas organízase conferencias sobre o patrimonio da auga, a ciencia e a tecnoloxía na Convención do Patrimonio Mundial e sobre os valores das paisaxes da auga transformados polas presas. A mesa redonda terá lugar ás 12.30 horas e versará sobre os valores patrimoniais das paisaxes da auga.

Pola tarde, sobre ás 15.00 horas, organízase unha conferencia sobre as paisaxes fluviais na Arxentina. A continuación, abordarase o significado da auga nos sitios naturais sagrados fluviais, a Laguna de Venecia e o coñecemento tradicional dos pescadores e a perspectiva biocultural para a gobernanza das paisaxes. Os asistentes poderán gozar dunha mesa redonda sobre o coñecemento tradicional e os retos do futuro ás 17.30 horas e da promoción da iniciativa Auga e Patrimonio: conectando o pasado, o presente e o futuro.