Skip to main content
Axenda CaducadaSober

Os máis cativos de Sober poden gozar das Merendas con Contos en novembro

Por 5 Novembro, 2023Sin comentarios

Durante todo o mes de novembro, en Sober ponse en marcha unha programación con sesións de contacontos, magostos e obradoiros para os máis pequenos do Concello. O programa Merendas con Contos, que comezou o venres 3, desenvolverase ata o 24 de novembro de 16.30 a 19.00 horas na Biblioteca Pública Municipal de Sober.

O vindeiro venres 10 levarase a cabo a lectura de Mitos e Lendas da Ribeira Sacra de Dani Viéitez e Iria Iglesias. Neste data tamén se organizará un magosto así como unha serie de xogos tradicionais.

O venres 17 de novembro é a quenda do libro Érase unha vez a vasoiro dunha bruxa de Beatrice Blue. Nesta xornada os participantes tamén poderán gozar do obradoiro As mans violetas.

A última xornada terá lugar o venres 24 de novembro coa lectura de Érase unha vez o lume dun dragón de Beatrice Blue. Nesta data tamén se celebrará o obradoiro Tempo de Música.