Skip to main content
Axenda CaducadaPantón

A pantonense Andrea Micc presentará a súa obra ‘Crónicas de Vanusum’ este venres

O salón de actos da Casa da Cultura de Pantón acolle este venres, 10 de novembro, a presentación dun libro da pantonense Andrea Micc, a partir das 20.00 horas.

Así, a obra presentada será a de ‘Crónicas de Vanusum. El reino de los reinos I’, que narra o comezo dunha orixinal aventura repleta de maxia, amizade, amor, traizón e superación que cruza o límite do coñecido, guiando ao lector por un mundo no que será necesario crer que nada é imposible.

Esta escritora xa participou doutras presentacións e iniciativas como as XXXIV Xornadas da Rota do Románico de Pantón celebradas en maio e xuño, nas que a autora falou xa desta obra que presenta de novo este venres.