Skip to main content
Axenda CaducadaRibas de Sil

Comeza no Mosteiro de Santo Estevo un encontro internacional sobre o patrimonio hidráulico

Por 6 Novembro, 2023Novembro 8th, 2023Sin comentarios

Comeza este luns no Mosteiro Santo Estevo de Ribas de Sil o Encontro Internacional ‘Paisaxes de agua: unindo o pasado co futuro‘, que se celebra ata o mércores 8 de novembro.

A presentación inaugural ás 9.30 horas deu paso a unha conferencia sobre o papel das Reservas da Biosfera e os Xeoparques na xestión da paisaxe e o desenvolvemento sostible da man de António Abreu, director da División de Ciencias Ecolóxicas e da Terra da UNESCO.

Unha conferencia sobre a auga e o patrimonio e unha mesa redonda coma elemento xerador de paisaxes completan a programación da xornada pola tarde. A través desta iniciativa preténdese impulsar o recoñecemento e a importancia das paisaxes culturais, así como abordar os desafíos sobre a xestión das paisaxes da auga e do patrimonio hidráulico.