Skip to main content
Axenda CaducadaCarballedo

Os Bolechas fomentarán o uso do galego cun espectáculo en Carballedo

Por 6 Novembro, 2023Sin comentarios

Os máis cativos teñen unha cita cos Bolechas o vindeiro domingo 12 en Carballedo. O Concello acolle a actividade de dinamización lingüística Os Bolechas visitan en familia unha galería de arte.

A proposta, que terá lugar ás 18.00 horas no salón de actos do Concello, está enmarcada dentro do programa Falaredes 2023 da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Trátase dun espectáculo de monicreques para público infantil e familiar para fomentar o uso do galego en actividades culturais.