Skip to main content
A Pobra do BrollónAxenda Caducada

A Pobra do Brollón proxectará o documental ‘Onde máis doe’ o 12 de novembro

Por 7 Novembro, 2023Novembro 8th, 2023Sin comentarios

A Pobra do Brollón acolle a proxección de ‘Onde máis doe’ finalista a Mellor Documental nos Premios Mestre Mateo. A produción poderá verse o vindeiro domingo 12 ás 19.00 horas na Casa da Cultura Olga Novo.

O filme de Manane Rodríguez achega a historia de MM que, despois de ameazar durante anos á súa exparella, asasina a golpes de pala ao seu fillo de 11 anos. Deste xeito, a peza leva ao espectador a pensar que é o que move unha persoa en pleno uso das súas facultades a matar a un fillo e no porque o o feito de que unha muller non se someta e intente actuar pola súa conta pode alentar un castigo tan brutal.

O documental forma parte do Ciclo Mestre Mateo, un circuíto de cinema galego que exhibe nos lugares que forman parte da rede de salas as películas finalistas dos galardóns. Trátase dun programa dirixido a concellos e vilas que desexen incluír na súa oferta cultural o máis destacado do audiovisual galego actual.