Skip to main content
Axenda CaducadaSober

Doade, en Sober, celebra as súas festas de San Martiño o 11 de novembro

Por 9 Novembro, 2023Sin comentarios

A parroquia de Doade, en Sober, organiza unha nova edición da festa-xuntanza de San Martiño, que este ano chega a súa 21 edición. A cita, organizada pola asociaicón de veciños Nosos Pobos de Doade, será o vindeiro 11 de novembro.

O programa comeza ás 13.30 horas con misa e procesión. Ás 14.30 será a comida de confraternidade. Pola tarde, a partir das 18.00 horas, os asistentes poderán gozar dunha queimada e máis tarde do baile.

Os interesados xa poden recoller as súas invitacións solicitándollas a Florita, Nieves, Manolo da Anxelita e Víctor ou a través do correo aavvdoade@doade.net ou do número 629 453 169.