Skip to main content
A Pobra do BrollónAxenda Caducada

A Pobra do Brollón acolle un encontro formativo sobre as tecnoloxías e o ciberacoso

Por 12 Novembro, 2023Novembro 13th, 2023Sin comentarios

Os días 15 e 21 de novembro a Casa da Cultura Olga Novo da Pobra do Brollón acolle un encontro formativo aberto de En-red-arte. Trátase dun programa de sensibilización en materia de igualdade e prevención das violencias no contexto das TRICS (Tecnoloxías na relación, a información e a comunicación).

A ANPA Outeiro do CEIP do Concello organiza a iniciativa que estará impartida por Outonía: Educación Social e Sustentabilidade rural. Nesta xuntanza abordaranse cuestións como cal é a idade para comezar a ter móbil, que é o ciberacoso e cales son os seus mecanismos ou por que é importante falar do consentimento.

Deste xeito, convidan tanto a familias, como á comunidade educativa e e os docentes. A formación será de 18.00 a 20.00 horas.