Skip to main content
Axenda CaducadaMonforte

APT convoca unha nova concentración diante do Hospital de Monforte

Por 13 Novembro, 2023Sin comentarios

A Por Todas Lugo A Mariña convoca unha nova concentración na maioría das áreas sanitarias de Galicia o vindeiro 16 de novembro que afectará tamén a Monforte, onde está convocada na entrada principal do hospital ás 13.00 horas.

Desde o colectivo, formado por enfermeiras galegas, reclaman os dereitos “que fomos perdendo nas últimas dúas décadas, melloras nos cocientes enfermeira e doente, estabilidade laboral e o recoñecemento profesional que merecemos”.

Así, explican que “cada vez se fai máis evidente a falta de enfermeiras dispoñibles para cubrir as ausencias do persoal da plantilla estable e a xestión do Sergas céntrase na improvisación continua afectando a calidade dos coidados que ofrecemos”.

Por iso, concéntranse, para denunciar a “mala xestión da administración e a falta de previsión das crecentes necesidades dunha poboación cada vez máis lonxeva favorecen o deterioro da Sanidade Pública, o incremento desorbitado da actividade privada e a migración de compañeiras fóra de Galicia e incluso de España”.