Skip to main content
Axenda CaducadaPantón

A obra ‘A tortilla e a peste’ será representada este domingo en Pantón

Por 14 Novembro, 2023Sin comentarios

No marco do Outono Cultural do Concello de Pantón, o vindeiro 19 de novembro, domingo, terá lugar a representación teatral ‘A tortilla e a peste’ na Casa da Cultura de Pantón.

Esta obra, que comezará ás 18.00 horas, está dirixida por María Márquez, producida por Nova Escena Teatro, co texto de Xoan C. Laxe e a colaboración de Pandeiretas Casa do Zoqueiro, de Guitiriz.

Nesta obra, varias mulleres contan a súa experiencia durante o período do confinamento, como foi a privación de contacto, o illamento, a distancia… e fan que cousas cotiás, como unha simple tortilla.