Skip to main content
Axenda CaducadaQuiroga

Quiroga acolle unha nova edición da Feira de Oportunidades Xeoparque

Por 15 Novembro, 2023Novembro 16th, 2023Sin comentarios

A Asociación de empresarios e comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel organiza unha nova edición da Feira de Oportunidades Xeoparque. O evento, no que colabora o Concello de Quiroga, será o 25 e o 26 de novembro.

A cita terá lugar no pavillón municipal de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. Haberá roupa e calzado, pequenos electrodomésticos, produtos de alimentación e telefonía.

Todos os que se acheguen tamén poderán atopar artigos de coidado persoal, agricultura, libraría, xoiería e artesanía. Ademais, tamén poderán participar e gozar en varios obradoiros e pintacaras.