Skip to main content
Axenda CaducadaSober

Afammer Lugo ofrece un curso de manipulación de alimentos en Sober

Por 14 Novembro, 2023Sin comentarios

O vindeiro 1 de decembro, a Federación de Mulleres da Provincia de Lugo ofrece un curso de manipulación de alimentos en Sober. A cita terá lugar de 16.00 a 19.00 horas no centro sociocultural, na Praza do Concello.

Os interesados poden inscribirse na iniciativa de carácter presencial con soporte dixital a través do número 654 394 780.

A formación forma parte do Plan Corresponsables e está financiada polo Ministerio de Igualdade do Goberno de España, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.