Skip to main content
Axenda CaducadaPantón

Os veciños de Tuiriz, de Pantón, organizan unha charla sobre os paneis solares

Por 15 Novembro, 2023Sin comentarios

Os veciños de Tuiriz, en Pantón, organizan o vindeiro sábado 25 de novembro unha charla informativa sobre os paneis solares.

A charla será no local social de Tuiriz e estará impartida polo enxeñeiro Gonzalo Pitas. A iniciativa está organizada pola asociación sociocultural e veciñal Tuiriz con U.

Na xuntanza abordaranse como funcionan os paneis solares, como funcionan, cales son os máis axeitados e o requisitos para poder instalar. Os participantes tamén poderán coñecer cales son as vantaxes da enerxía solar, o aforro e as distintas axudas para a súa instalación.