Skip to main content
Axenda CaducadaTaboada

O centro residencial de Taboada acolle unha obra a través do programa Teatro D’Memoria

Por 16 Novembro, 2023Sin comentarios

O grupo de Envellecemento Activo da parroquia de Cerdeda de Taboada poñerá en escena unha nova proposta. O auditorio do Centro Residencial Domus Vi acollerá a actividade o vindeiro venres 17 de novembro a partir das 12.00 horas.

A iniciativa está subvencionada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo a través do programa Teatro D’Memoria. A entrada é de balde e está aberta para todos os públicos.

O evento está organizado pola asociación de Familiares de Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas de Chantada (Afa Chantada) e conta coa colaboración da Deputación e do Concello de Taboada.