Skip to main content
Axenda CaducadaPantón

Pantón acolle unha visita comentada á escavación arqueolóxica do xacemento do Preguntoiro

Por 18 Novembro, 2023Sin comentarios

Este sábado 18 de novembro Pantón ofrece unha proposta para os amantes do patrimonio. A partir das 11.30 horas terá lugar unha visita comentada á escavación arqueolóxica do xacemento do Preguntoiro.

A cita non precisa inscrición. O punto de encontro será o lavadoiro de Cibrisqueiros. A actividade forma parte do programa Cultur-ON.

Trátase dunha experiencia apoiada polo Concello de Pantón e a Xunta de Galicia.