Skip to main content
Axenda CaducadaPantón

Segredos de Pantón e a Asociación Tuiriz con U organizan un concerto de nadal

Por 20 Novembro, 2023Sin comentarios

Segredos de Pantón e a asociación sociocultural Tuiriz con U organizan, o vindeiro sábado 16 de decembro, un concerto de nadal na igrexa de Santa María de Tuiriz, a partir das 17.00 horas.

Da man do dúo Alendalúa, “teremos o pracer de viaxar por medio da música á Idade Media”, segundo explican desde Segredos de Pantón, quen indica que a formación ourensá está composta por Irma Fernández Alonso e Juan Manuel Vázquez.

As persoas que queiran desfrutar de pezas de Cantigas de Santa María, e das Panxoliñas do Cancioneiro de Palacio poderán participar, xa que a entrada é de balde e non fai falta anotarse.

Ademais, a actividade non rematará coa música, xa que despois do concerto terá lugar unha chocolatada para todas as persoas asistentes.