Skip to main content
A Pobra do BrollónAxenda Caducada

Os Cantos de Taberna da Pobra do Brollón celebraranse o 9 de decembro

Por 20 Novembro, 2023Sin comentarios

O vindeiro 9 de decembro A Pobra do Brollón acollerá a XI edición dos Cantos de Taberna, unha cita con moita tradición no sur da provincia de Lugo que congregará decenas de persoas nunha xornada festiva.

O ano pasado o municipio recuperou esta festa despois da pandemia e participaron nesta iniciativa 16 agrupacións de música, que actuaron arredor dos bares do municipio.

Así, nesta edición espérase a mesma participación para que todos os veciños das diferentes parroquias da Pobra do Brollón poidan desfrutar da festa da man de de diferentes asociacións culturais.