Skip to main content
A Pobra do BrollónAxenda Caducada

‘No somos nada’ proxectarase na Pobra do Brollón o domingo 26

Por 23 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello da Pobra do Brollón acolle a última proxección do Ciclo Mestre Mateo. A Casa da Cultura Olga Novo acolle o domingo  26 a partir das 19.00 horas a proxección da produción ‘No somos nada’, que revive 40 anos de historia da lendaria banda de punk vasca La Polla Records.

O carismático vocalista Evaristo Páramos, dende a súa aldea en Euskadi, fai memoria para narrar a rocambulesca historia da banda. O seu relato enrédase con cancións, fotografías, animación e vellos vídeos. O filme foi finalista a Mellor Documental nos Premios Mestre Mateo.

O Ciclo Mestre Mateo é impulsado pola Academia Galega do Audiovisual co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.