Skip to main content
Axenda CaducadaMonforte

Monforte organiza un obradoiro para previr o acoso nas rúas

Por 23 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Monforte organiza, dentro do Programa do 25N Día internacional contra a violencia de xénero, o obradoiro ‘Prevención do acoso na rúa’. O obradoiro, que se enmarca na campaña do 25 N que ten por lema ‘Que non te cale o machismo’, terá lugar este venres 24 de novembro.

A iniciativa, que se organizará de 12.30 a 13.30 horas no Salón de actos do Centro Cívico, está dirixido ao público en xeral e é de carácter gratuíto. Para participar nel é necesario inscribirse previamente no CIM, a través do 982 416 350 ou no Centro Cívico. A proposta, organizado polo Concello, a través da Concellería de Muller e Igualdade, conta co apoio da Fundación Mujeres e está enmarcado no programa Standup.

Neste obradoiro de prevención do acoso nas rúas darase a coñecer un conxunto de ferramentas útiles para intervir de maneira segura cando se experimente ou se presencien situacións de acoso en espazos públicos. O obxectivo do programa é formar á poboación para que o denuncien e así construír unha cultura na que o acoso nas rúas sexa visto coma un comportamento inaceptable