Skip to main content
Axenda CaducadaQuiroga

Quiroga inaugura as xornadas formativas para familiares de persoas dependentes

Por 23 Novembro, 2023Novembro 24th, 2023Sin comentarios

Este mércores, a casa da cultura do Concello de Quiroga acolleu a primeira das xornadas formativas para familiares con maiores dependentes. O concelleiro de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández Montes, acompañado do alcalde, José Luis Rivera, foi o encargado da presentación desta proposta organizada polo Concello e a asociación AFAMON.

A continuación, a neuropsicóloga María Lillo Montes encargouse de achegar aos participantes coñecementos e habilidades sobre o Manexo de conduta en persoas con enfermidades neurodexenerativas. O programa conta con dúas xornadas, a primeira delas era a que se desenvolveu esta mércores e a seguinte terá lugar o vindeiro día 29 de novembro, impartida por Manuel Carballedo e nela falarase sobre os recursos de apoio ao coidador de persoas con enfermidades neurodexenerativas.

Estas xornadas, que abordan a situación dende dúas ópticas distintas, teñen como finalidade axudar aos familiares de persoas maiores con deterioro cognitivo a adquirir habilidades para levar mellor a sobrecarga física e mental que supón o seu desempeño como coidadores.

A proposta xurdiu tras detectar a sobrecarga dos coidadores nas valoracións que se fan entre AFAMON e o Centro de Día das persoas que acoden a esta instalación municipal. A formación contou tamén coa colaboración de FAGAL (Federación Alzheimer Galicia), a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e CEAFA (Confederación Española de Asociaciones de Familiares de Enfermos de Alzheimer).