Skip to main content
A Pobra do BrollónAxenda Caducada

A Pobra do Brollón concéntrase contra a violencia de xénero

Por 24 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello da Pobra do Brollón convoca, con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, unha manifestación este venres diante da casa do Concello.

Trátase dunha convocatoria aberta, prevista para ás 12.00 horas, para manifestar o rexeitamento a calquera tipo de violencia de xénero.

Nesta xornada leerase o manifesto e gardarase un minuto de silencio polas vítimas da violencia machista.