Skip to main content
Axenda CaducadaQuiroga

Quiroga acolle a segunda das xornadas formativas para coidadores e familiares

Por 28 Novembro, 2023Decembro 4th, 2023Sin comentarios

O Concello de Quiroga, a través do seu Centro de Día, e xunto coa Asociación Afamon organizan o vindeiro mércores 29 de novembro unha actividade dirixida ás persoas coidadoras de maiores con deterioro cognitivo no ámbito familiar.

A actividades será de 11.00 a 13.00 horas da man do traballador social Manuel Carballedo López, que tratará os recursos de apoio ao coidador de persoas con enfermidades neurodexenerativas. A proposta de organizar unhas xornadas formativas xurdiu tras detectar a sobrecarga dos coidadores nas valoracións que se fan entre AFAMON e o Centro de Día das persoas que acoden a esta instalación municipal.

O obxectivo desta actividade que decidiron impulsar tanto a directora do Centro de Día, María Arias, como o concelleiro Xosé Manuel Fernández, é o de axudar aos familiares de persoas maiores con deterioro cognitivo a adquirir habilidades para levar mellor a sobrecarga física e mental que supón o seu desempeño como coidadores.

Colaboran tamén no desenvolvemento desta actividade a Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL), a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e a Confederación Española de Asociacións de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (CEAFA).

Para informarse e inscribirse nas mesmas cómpre anotarse no teléfono 982 410 929 (Afamon) ou no do Centro de Día da Ribeira (Quiroga) a través do 982 180 944. Tamén se poderá acudir sen necesidade de inscribirse previamente sempre que queden prazas sen cubrir.

Desenvolvemento

As xornadas desenvolveranse na Casa da Cultura de Quiroga en horario de mañá, concretamente entre as 11.00 e as 13.00 horas e consistirán en dúas xornadas, unha o 22 de novembro e outra co día sen determinar despois de cancelarse a programada para o 15 por motivos alleos ao goberno local.

As xornadas que se presentan na formación serán complementarias, con contidos diferentes a tratar en cada unha delas e abordando esta situación dende ópticas distintas. Concretamente, a do día 22 acollerá a charla de María Lillo Montes, neuropsicóloga, quen achegará coñecementos e habilidades sobre o ‘Manexo de conduta en persoas con enfermidades neurodexenerativas’